A renda neta per cápita familiar obtense como resultado de realizar os seguintes cálculos en base á
declaración da renda do exercicio 2025: 1) súmase a base impoñible xeral coa base impoñible do aforro;
2) dese resultado réstase a cota líquida resultante da autoliquidación
(casiña 435 + casiña 460 − casiña 595). 3) O resultado obtido divídese polo número de membros que
forman parte da unidade familiar. O concepto de unidade familiar será o definido na normativa do IRPF.
Para determinar a renda anual familiar hai que sumar as rendas obtidas por todas as persoas que integran
a unidade familiar. Nesta operación poden presentarse varias situacións:
1 · Ambos proxenitores (ou calquera outro integrante) perciben rendas e teñen a obriga de presentar a declaración anual do IRPF
O importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas (435 + 460 − 595), que se obterán
de cada declaración, se foron presentadas individualmente, ou ben da declaración conxunta.
2 · Ambos proxenitores perciben rendas pero só un deles ten a obriga de presentar a declaración
A renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas para o membro que presentase declaración do IRPF,
máis o importe que resulte para o outro integrante que non presentou declaración. Este, segundo os seus
datos fiscais, deberá sumar os importes das casiñas 0003 (retribucións dinerarias) e 0027
(intereses) e restar os importes das casiñas 0013 (cotizacións á Seguridade Social), 0596
(retencións procedentes do traballo) e 0597 (retencións procedentes do capital mobiliario), tal e como
recolle o artigo 16.2.terceiro do Decreto 132/2013, do 1 de agosto.
3 · Ambos proxenitores perciben rendas pero non teñen a obriga de presentar declaración, ou non perciben renda ningunha suxeita a tributación do IRPF
Nestes supostos, os interesados deberán consignar os seus datos fiscais do mesmo xeito que no especificado no
caso anterior para os membros que non presentasen declaración do IRPF
(casiñas 0003 + 0027 − 0013 − 0596 − 0597).